Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol supervisa o funcionamento do centro de día

Por 23 Decembro, 2023Sin comentarios

Os maiores que asisten diariamente ao Centro de Día da Xunta de Galicia que Afalu xestiona no Concello de Friol, recibiron este venres a visita de parte do euipo de Goberno local, acompañados por Carmen e Valentín, presidenta e xerente de Afalu.

“Quixemos así agasallar en estas datas tan sinaladas, a estas persoas maiores que desfrutan de este servizo tan importante e necesario nun pobo como Friol”, dixo.

Este centro leva funcionando mais de tres anos e ten en estes momentos 11 usuarios. Este servizo dispón de 14 prazas públicas, subvencionadas pola Xunta.

“Este é un servizo fundamental para a poboación que ten algún tipo de problema relacionado co Alzheimer, ou que ten probabilidade de telo, posto que os profesionais que traballan aquí están especializados en traballar con estas persoas e conseguir que a súa enfermidade avance o mais lentamente posible, e incluso que poidan recuperar certas facultades que viron reducidas”, afirma Santos.