Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Unha veciña publica un libro autobiográfico como usuaria de cadeira de rodas

Por 10 Decembro, 2023Sin comentarios

A lucense María Lombao Pérez vén de publicar a seu primeiro libro, Mi vida sobre ruedas. Esta veciña, recolle neste obra a súa historia persoal como muller con discapacidade física que ten que usar cadeira de rodas.

Este traballo foi publicado no mes de febreiro e véndese a través de Amazon. “Considérome unha persoa cunha autoestima alta. Con este libro o que pretendo é darme a coñecer un pouquiño, ademais de subir o ánimo ás persoas que lean este libro autobiográfico e que estean a atravesar pola mesma situación que eu. Aprender a gozar da vida, espreméndoa ao máximo sacando proveito á situación desde unha perspectiva positiva. Con este traballo literario tamén quero demostrar que a pesar de ter as miñas limitacións fun capaz de escribir un libro propio, poñéndolle ganas e crendo en min mesma terminarei logrando todo aquilo que me propoña”, explica a autora.