Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

A piscina da Pastoriza acolle unha cea baile o sábado 16

Por 3 Decembro, 2023Decembro 5th, 2023Sin comentarios

Os veciños da Pastoriza teñen unha cita o vindeiro sábado 16 de decembro. A piscina celebrará unha cea baile a partir das 22.00 horas para todos os que se queiran achegar.

Os interesados poden anotarse ata o vindeiro 7 de decembro e poderán recoller os seus tíckets na piscina.

O menú terá un prezo de 30 euros e de 15 euros para os menores de 10 anos, sendo gratuíto para os menores de 3 anos. Ademais de gozar da gastronomía, os asistentes tamén poderán desfrutar dunha actuación musical.