Skip to main content
A Pastoriza

O Fogar de Maeloc celebra unha xornada de actividades o sábado

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

O Fogar de Maeloc acolle este sábado, 16 de decembro, unha xornada chea de actividade desde diferentes eidos.

Así, está prevista unha conferencia do periodista Moncho Paz, que falará sobre Ramón Chao e Prisciliano. Será a partir das 12.30 horas.

Ademais, contarán cunha pequena exposición da obra en talla do artesán Marcos Ladra Sanjurjo, que presentará o seu próximo traballo e desfrutarán tamén do proxecto musical de Os do Campo, trío de músicos comprometidos con facer un mundo mellor, polo menos máis alegre.