Skip to main content
A Pastoriza

Proxéctase na Pastoriza o documental sobre os segadores da zona de Órrea

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

Este xoves, 21 de decembro, no IES Fontmiñá da Pastoriza, ás 18.00 horas, terá lugar a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Este documental é un feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por 31 homes e mulleres que o viviron en primeira persoa. Conta, tamén, coa participación de varios segadores da Órrea residentes en Meira.

Este acontecemento está organizado pola Asociación Veciñal A Pena de Cospeito e a Vicepresidencia da Deputación.