Skip to main content
A Pastoriza

Reigosa acollerá unha festa de fin de ano o 31 ao mediodía

Por 27 Decembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños da Reigosa organiza unha festa de fin de ano, que se celebrará o 31 de decembro, a partir das 13.00 horas.

Haberá nesta celebración unha sesión vermú a cargo de Anido e logo farase un xantar con empanadas, lacón asado, bolos preñados, roscóns e uvas. O prezo para anotarse é de 3 euros para socios e 5 para os non socios.

Establécese un prazo ata o día 27 para anotarse a esta festa.