Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol implantará a recollida selectiva a primeiros de ano

Por 24 Decembro, 2023Decembro 25th, 2023Sin comentarios

O Concello vén de firmar un convenio con Ecoembes, que lle permitirá avanzar na recollida selectiva de lixo.

A través deste acordo, o Concello ten prevista a instalación en Rioxoán, Mosteiro e Andión dos contedores amarelos e verdes, para a nova recollida selectiva de envases plásticos e a estes sumarase os de papel. A data prevista na que este servizo comezará a funcionar será a primeiros de ano para continuar polo resto do termo municipal a medida que cheguen os contedores.

Ademais, o Concello repartirá nas tres localidades unha guía sobre como se debe facer o uso apropiado desta instalación. O proceso comezará nas tres zonas máis poboadas do termo municipal.