Skip to main content
As Pontes

Organizan un taller de autoemprego feminino nas Pontes este martes

Por 4 Decembro, 2023Sin comentarios

O Sindicato Labrego Galego organiza este martes nas Pontes un taller co título Sen prexuízos no rural, faino ti mesma, para incentivar o autoemprego feminino no eido rural.

Esta sesión terá lugar ás 16.30 horas no local situado na rúa 8 de marzo, 12.

As persoas que desexen máis información ou queiran participar poden facelo nos teléfonos 981 773 377 ou 687 645 907.