Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade estuda unha terceira ampliación do polígono industrial tras quedar sen parcelas libres

Por 7 Decembro, 2023Decembro 8th, 2023Sin comentarios

A entidade pública Suelo Empresarial Atlántico (SEA) comprometeuse a estudar a ampliación do polígono rabandense. Así quedou de manifesto na reunión que mantivo a xerente da entidade, Beatriz Sestayo, e a alcaldesa, Remedios González.

Na reunión falouse da ampliación mediante unha terceira fase xa que volve estar ao 100% da súa capacidade. Á reunión tamén asistiu o responsable dos empresarios locais, Luis Iglesias e outros membros da xunta directiva.

A alcaldesa insistiu na necesidade de mellorar os accesos ao polígono para aliviar o tránsito de tráfico pesado polo núcleo urbano. Así, a proposta do Concello pasa por facer un acceso directo desde a N-VI.

Polo de pronto SEA fará un estudio de viabilidade do proxecto e o Concello estuda unha modificación do PXOM para que ampare ás primeiras empresas instaladas no polígono.

O polígono de Rábade chegou ao cheo de ocupación este verán coa instalación de dúas empresas de transportes e loxísticas que se fixeron coas dúas últimas parcelas.