Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A Casa das Insuas acolle o xoves a xuntanza anual da Rede de Custodia da Reserva da Biosfera

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

Este xoves 21 de decembro, ás 11.00 horas, na Casa das Insuas acollerá a II Xuntanza da Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Ademáis de traballar a planificación desta rede, contará con dúas interesantes charlas sobre a importancia dos medios agrarios para as aves e os efectos da ivermectina, un antiparasitario amplamente utilizado actualmente, sobre os coprófagos e os ecosistemas.

Na primeira ponencia etará Óscar Rivas, da Asociación Galega de Custodia do Territorio; e para a segunda con Elisa Villén, da Universidade de Alicante.

A sesión finalizará cunha degustación de produtos da Reserva da Biosfera Terras do Miño e darase conta tamén dos proxectos do 2024.