Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A Asociación de Comerciantes de Rábade organiza unha campaña para promover o comercio local

Por 28 Decembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes de Rábade organiza unha campaña para promover o comercio local baixo o nome de ‘Merca no comercio local’, no que poderán participar todos os veciños e veciñas nun sorteo.

Así, as persoas interesadas en participar poderán facelo mercando en diferentes establecementos do municipio: Saneamentos Luis Día Díaz, Ferretería Portela, Peluquería Baúl da Beleza, Mercería Laura, Joyería Núñez, Frutas Geles, Clínica Veterinaria Chairegos, Academia Amparo, Saneamientos Antonio Díaz, Carnicería Xulfe, Arbelos Librería, Estanco Rábade, Confecciones Xempre, Blanca Mercería, Librería Capicúa, Bar Mozarte, Café Arcos, Cervecería Ágora e Papelería Garabullo.

O sorteo, que terá lugar na sesión vermú das Festas de San Vicenzo o vindeiro día 27 de xaneiro de 2024, repartirá unha cesta con produtos dos establecementos adheridos e 20 vales por valor de 30 euros.