Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

A XXIV Carreira Popular de Viveiro contou con 250 participantes de todas as idades

Por 2 Xaneiro, 2024Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

O club de atletismo CD Egovarros de Viveiro e o Club Ciclista Viveiro en colaboración co Concello e a Deputación organizaron a tradicional carreira popular.

Esta proba deportiva deu comezo coas carreiras de categorías de menores e máis tarde coa absoluta. En total contou con 250 participantes de todas as idades.

A saída e a meta estivo situada na praza Maior e os tres primeiros nenos participantes de cada categoría recibiron unha medalla conmemorativa da carreira e na absoluta un agasallo.