Skip to main content
AlfozO Valadouro

O Club Hípico Terras do Mariscal critica a denegación de data para a organización da súa proba ecuestre

Por 23 Xaneiro, 2024Xaneiro 24th, 2024Sin comentarios

O Club Hípico Terras do Mariscal vén de criticar a denegación de data para a organización da súa proba ecuestre por parte da Federación Hípica Galega.

Segundo o presidente do club, “a federación, que preside Federico Pémez Lago, destinou o groso do orzamento ás probas de salto a pesar de que este ano o raid tivo moitísimas solicitudes”.

Este ano presentáronse en toda Galicia 21 solicitudes “e tan só aprobaron 9 delas”, di o presidente, “a Federación non nós deu opción a data, directamente nos denegou todo”.

“Así, pensamos que xa que non nos dan data para este ano, podemos ir recollendo fondos para a vindeira celebración, pero ao non existir data o Concello tampouco nos pode dar axudas”, engade.

“O noso plan é dar a coñecer o val con algunha ruta cabalar co fin de recadar fondos e utilizando as rutas do percorrido do raid, e intentaremos en novembro asistir á Feria Internacional do Cabalo Lusitano de Golega, en Portugal, a feira máis importante do sector”, remata dicindo.