Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros ten listo o seu agasallo veciñal 2024

Por 8 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Barreiros está a agasallar á veciñanza co seu calendario anual que ten como temática as vivencias escolares polo que pediron axuda aos veciños para recompilar algunhas das fotografías.

“Nos vindeiros días teremos a disposición de toda a veciñanza o almanaque 2024”, din dende o Concello.

Proximamente, empregados municipais comezarán a repartir polas casas os almanaques pero, se algunha persoa o quere antes, pode pasarse a recollelo polas oficinas municipais.

No 2021 o calendario estivo dedicado ao 25 aniversario dos tradicionais Xigantes e Cabezudos, polo que estes foron os protagonistas xunto con moitas imaxes do Entroido barreirense.