Skip to main content
Barreiros

Os Reis Magos de Oriente visitarán Barreiros durante todo o día

Por 3 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán Barreiros durante todo o día. Así, pola mañá repartirán agasallos acompañados de panxoliñas do alumnado de Sinfónico no Rural da Fundación Xesús Bal y Gay.

E pola tarde farán un percorrido desde a praza do Concello, pasando polos barrios de San Cosme e rematando no centro social para a recepción dos cativos ás 20.00 horas.

Melchor, Gaspar e Baltasar achegaranse a distintos lugares de Barreiros (Reinante, Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán, A Rilleira, Cabarcos, Vilamar e San Xusto.