Skip to main content
Barreiros

A Asociación San Rosendo, de Barreiros, organiza a III Festa do Caldo

Por 13 Xaneiro, 2024Xaneiro 14th, 2024Sin comentarios

A Asociación San Rosendo, do Concello de Barreiros, organiza para o vindeiro 27 de xaneiro a III Festa do Caldo.

Esta cita gastronómica e festiva será nos colexios vellos de San Miguel e as entrdas xa están á venda nos locais de San Miguel ata o mesmo día da celebración ou a membros da comisión.

A festa será a partir das 21.00 horas e contará cun menú a base de caldo, cocido, pan, auga e viño por un prezo de 20 euros adultos e 10 para nenos, ademais Dúo Estrellas porá a nota musical ás 23.00 horas.