Skip to main content
Barreiros

O libro ‘Universo Aurora’, de Manuel Rivero, presentarase este venres en Benquerencia

Por 10 Xaneiro, 2024Xaneiro 11th, 2024Sin comentarios

O vindeiro venres, 12 de xaneiro, terá lugar a presentación do libro Universo Aurora, de Manuel Rivero. Será ás 19.00 horas en O Canteiro, en Benquerencia.

No acto acompañarán ao autor o secretario xeral de Política Lingüísta da Xunta, Valentín García, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, así como dúas das nove mulleres que falan da figura da destacada investigadora e científica barreirense Aurora Sampedro en Universo Aurora.

Os 300 libros da primeira edición están case esgotados, por iso é polo que xa estea no forno a segunda edición, que podería incluír como novidade dous novos capítulos sobre a figura desta muller. Estará nas librerías a partir da próxima semana e na internet xa se pode adquirir en www.eoditorial.com, que é a empresa ribadense que editou Universo Aurora.

Manuel Rivero Pérez márcase varios retos para os próximos meses: “ademais da segunda edición ampliada do libro, queremos entregar os premios Bítere de Honra alá polo mes de setembro, queremos impartir conferencias sobre Aurora Sampedro, queremos conseguir que o 2025 sexa o ano da ciencia de Aurora Sampedro, e que se coloque unha placa, no seu recordo, na casa na que naceu”.