Skip to main content
Cervo

Os Reis Magos farán unha parada no camiño para ver aos nenos de Cervo

Por 2 Xaneiro, 2024Xaneiro 4th, 2024Sin comentarios

Os Reis Magos farán unha parada no camiño para ver aos nenos do Concello de Cervo. Así, a cabalgata partirá de San Cibrao ás 18.00 horas do pavillón da Veiga, e ao remate do percorrido pola vila haberá recepción Real no auditorio da casa da cultura. Colaboran a Anpa do Ceip Península da Paz e da asociación Mulleres de San Ciprián.

Xa ás 19.30 horas, sairán ata a praza do Souto onde haberá outra recepción Real e un Belén vivinte; organiza Airiños do Xunco coa colaboración do Concello.

Tamén haberá durante a tarde chocolate con biscoito da man da Comisión de Festas de Lieiro na carpa da praza dos Campos.