Skip to main content
Trabada

O Entroido 2024 de Trabada busca cartel anunciador

Por 12 Xaneiro, 2024Xaneiro 13th, 2024Sin comentarios

A asociación O Picato publicou as bases para o concurso do cartel anunciador do Entroido 2024. O prazo de presentación dos deseños estará aberto ata o 26 de xaneiro ás 20.00 horas e o fallo do xurado será público ao día seguinte.

Este concurso ten un premio de 50 euros e deberán entregarase no Spar Express de Trabada. Cada participante tan só poderá entregar un máximo de dúas obras.

Dende a asociación xa anunciaron que a festa como é costume será o derradeiro da Mariña, o sábado 24 de febreiro.

Cartel anunciador do ano pasado