Skip to main content
O Vicedo

O Ceip do Concello do Vicedo abre o prazo de matrícula

Por 22 Xaneiro, 2024Xaneiro 23rd, 2024Sin comentarios

O Ceip do Concello do Vicedo vén de informar da próxima apertura do prazo de matrícula para as novas inscricións.

O alumnado poderá gozar do servizo de Madrugadores a partir das 8.30 da mañá, transporte escolar, xornada lectiva de 10.00 a 15.00 horas con dous recreos e tempo de lectura, comedor escolar con comida caseira e actividades extraescolares de 16.00 a 17.00 horas de luns a venres.

O prazo de matriculación abrirase a partir do día 1 de marzo.