Skip to main content
O Vicedo

O PSOE do Vicedo pide a creación dunha comisión mixta para unificar as actuacións do Concello e o colexio

Por 21 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O grupo municipal socialista do Concello do Vicedo presentou unha moción para o vindeiro Pleno ordinario que se celebrará a finais deste mes de xaneiro.

Nela piden a creación dunha comisión mixta formada por representantes municipais e representantes do Ceip do Vicedo coa finalidade de unificar as actuacións de ambas entidades.

A voceira municipal socialista, María Pérez Santaballa, di que “con esta medida trataranse as diversas problemáticas do centro e de cara a buscar o incremento de matrícula no mesmo.

“O colexio do Vicedo é un referente na Mariña por servizos prestados así como a súa atención individualizada e o trato familiar”, remata dicindo Pérez Santaballa.