Skip to main content
Viveiro

O Conservatorio de Viveiro acolle a presentación do libro ‘María y Coco en Vitaminápolis’

Por 12 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro acoller o vindeiro sábado 13 unha charla de María Hernández Bascuñana.

Esta cita será ás 18.30 horas en nela presentarase o seu último libro enfocado a nenos ‘María y Coco en Vitaminápolis. Descubre el poder de las vitaminas’ no que invita a coñecer a función das vitaminas dun xeito ameno e orixinal.

Ademais explica o papel tan fundamental que desempeñan no noso organismo para gozar dunha vida saudable.

María é profesional sanitaria e da educación, enfocada na prevención e abordaxe de desequilibrios ou enfermidades afectadas por procesos inflamatorios e alteracións na inmunidade, nos que participan o sistema endócrino e nervioso en continua interacción.