Skip to main content
Xove

O XI Karaoke de Xove de Nadal foi un éxito de participación e diversión

Por 2 Xaneiro, 2024Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

Dentro do Programa de Nadal deste ano, unha das súas actividades estrela foi como sempre o Concurso de Karaoke que este ano celebra a súa XI edición no pavillón municipal de deportes.

Na categoría Peques (ata 12 anos) o primeiro premio a Mellor Voz foi para Noa Villota, coa canción Madrid City de Ana Mena e o segundo foi para Eva Cancela, María Posada e Alex Louzao coa canción Vagabundo de Sebastián Yatra. O premio a Mellor caracterización levouno Carolina Goás, Paula Longarela e Martina Castro por Terra das Tanxugueiras.

Na categoría Iunor (de 12 a 18 anos) o primeiro premio a Mellor Voz levouno Pedro Gil coa canción Tú Jardín con enanitos de Melendi, o segundo Víctor Vázquez coa canción Soy un truhán de Julio Iglesias, e a Mellor caracterización Xenxo Salgueiro con Madrecita María del Carmen de Manolo Escobar.

Os veteranos tamén levaron premios, así, Mariola Carballido quedou primeira con Angel de Sarah Mclachlan, seguida de Laura Míguez coa canción Como pagarte de Carlos Riveras. Xa por último, Francisco Fraga e Mateo Fraga coa canción Que canten los niños de José Luis Perales acadaron a Mellor caracterización.