Skip to main content
Xove

O equipo de voluntariado de Mañás activas de Xove recibiu un agasallo institucional

Por 8 Xaneiro, 2024Xaneiro 9th, 2024Sin comentarios

A véspera de Reis, Cristina Iglesias Guerreiro, concelleira de Xuventude e Deportes de Xove fixo entrega dun diploma e un obsequio a Nerea Díaz Díaz e Alejandro Parapar Fernández como agradecemento pola súa participación no programa de voluntariado xuvenil Mañás Activas.

Este programa ofertou actividades de conciliación e lecer para un grupo de 40 nenas e nenos a partir dos 10 anos durante as mañás de xullo e agosto do pasado verán.

Estas actividades foron organizadas polas Concellerías de Xuventude, Deportes e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia.

Por outra banda, xa teñen aberta a listaxe para participar no proxecto de voluntariado xuvenil para o vindeiro verán 2024. Para máis información no centro xuvenil ou chamando ao 982 571 816.