Skip to main content
Xove

O PSOE de Xove reuniuse coa Deputación para conveniar o custo do arranxo das estradas no termo municipal

Por 30 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A concelleira do partido socialista de Xove, Rogelia Mariña, acompañada de dous membros da candidatura, mantiveron unha reunión de traballo co presidente da Deputación para falar do mal estado das estradas da súa propiedade e do seu deterioro.

“Un dos motivos para presentarnos ás eleccións foi este, intentar arranxar o estado das estradas, e foi a nosa meta dende que a nosa representante tomou posesión no concello como concelleira”, din os socialista.

Así, trasladáronlle a situación na que se atopan as estradas de Xove propiedade deste órgano, “trasladámoslle o pésimo estado, xa que fai moitos anos que pouco ou nada se fixo en mellorar estas vías de comunicación vitais no concello de Xove, xa que comunican Xove pobo coas parroquias da Rigueira e Penas Agudas, con Lago e Morás, co Cruceiro e Vilachá e Portocelo, é dicir, de note a sur do concello, un total de máis de 40 km que actualmente están intransitables”.

Propuxeron á Deputación retomar un convenio onde a Deputación pon o 50 % do custo e o concello o outro 50 %, “aínda que supón unha cantidade importante, pedímoslle ese esforzo para facer un acondicionamento que perdurara nos próximos 50 anos e en beneficio da zona rural, si queremos que non perda poboación hai que poñer servizos, e este é un dos máis importantes”.

Despois dun intercambio de opinións, José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, aceptou poñer en marcha este convenio, sempre que o Concello acepte o acordo.

Por iso o grupo socialista trasladou tamén esta proposta ao alcalde de Xove, “que en principio estivo en acordo en cumprir coa parte que lle corresponde do concello, e era unha boa nova para todos”.

O partido socialista de Xove considera moi positiva esta xestión, e “estamos á espera de que a Deputación redacte o acordo e faga os proxectos necesarios coa súa correspondente valoración técnica e económica. A máis tardar, que quede firmado en primavera polo alcalde e polo presidente da Deputación de Lugo. Para con isto, poñer fin a un problema que leva anos enquistado e que todos os veciños sufrimos a diario”, engadiron.