Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

Volve a Carreira popular Solidaria de Reis 2024 de Barreiros

Por 2 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Desde o Concello de Barreiros están a organizar para o vindeiro 7 de xaneiro a andaina e a carreira solidaria de Reis que este ano mudan de localización trasladando toda a loxística ao centro sociocultural de San Cosme.

As inscricións xa están abertas na web de www.maiskmsbarreiros.gal sendo as das categorías de menores de balde. As de adultos terán a opción de doazón voluntaria no momento da inscrición a prol da asociación Saúde Mental A Mariña e as inscricións da andaina, 2 euros por persoa, xa serán doadas integramente á mesma asociación.

Malia que muda de localización manteñen practicamente o mesmo percorrido o cal se pode ver aquí. As carreiras de menores faranse nas inmediacións do sociocultural e das vivendas sociais de San Cosme. Tamén estrean novo percorrido para a andaina que este ano pasará polo Santo Estevo do Ermo onde visitaredes a ermida e a fervenza. Serán un total de 9km perfectos para conectar coa natureza.

Esta carreira é a primeira das 6 que compoñen o circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros 2024 que organiza o Concello de Barreiros. Podedes facer equipos para participar no +kmsBarreiros. Un capitán creará o equipo desde o seu perfil persoal en www.ccnorte.com e enviará invitacións a quen desexe formar parte del.

Este ano a contía dos premios aumentouse ata os 1.000 euros en metálico e algún agasallo máis que pode haber. Os colexios e institutos tamén pasan a formar equipos. Estes constitúense de maneira automática e cada neno participante sumará puntos para o centro no que estuda e o final veremos que colexio/instituto suma +Kms en Barreiros.

Toda a info en www.maiskmsbarreiros.gal