Skip to main content
Castroverde

Castroverde reclama que se cubran as ausencias dos facultativos do centro de saúde

Por 2 Xaneiro, 2024Sin comentarios

BNG convocou hoxe, martes 2 de xaneiro, unha concentración en Castroverde pola defensa da sanidade pública da comarca. “A Xunta intenta facer en Castroverde o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde”, afirmou Carme Aira

“Na ausencia das doutoras titulares, houbo substitucións pola tarde pero a veciñanza non foi avisada, ademais, a día de hoxe non se pode coller cita ata o día 4. Ter un médico substituto pola tarde sen que ninguén o saiba é malgastar os recursos”, explicou Iria Castro. “Ademais temos que ter en conta que a atención pediátrica esta compartida con A Fonsagrada e cando esta facultativa colle vacacións ou baixas nunca se substitúe. Nestes momentos os nenos e nenas de Castroverde non teñen atención pediátrica ata o día 12”, dixo.

Iria Castro tamén anunciou a presentación dunha moción no vindeiro pleno de finais de xaneiro “onde instaremos á Xunta de Galiza a cubrir as ausencias dos médicos de familia e pediátricas”, durante 2 días á semana Castroverde non ten atención pediátrica.

Iria Castro pide que as tres forzas políticas con representación no Concello “se unan para reiterar o seu firme compromiso coar sanidade para Castroverde”