Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei festexará o Entroido 2024 os días 12 e 13 de febreiro

Por 30 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Palas de Rei festexará o entroido 2024, con actos programados na Praza do Concello para o luns, 12 de febreiro e martes, 13 de febreiro (festivo local).

O luns, 12 de febreiro, terá lugar o entroido infantil, dirixido aos nenos e nenas que queiran participar, con diversos xogos inchables e chocolatada popular.

O martes, 13 de febreiro, celebrarase o “Concurso de disfraces” no que o Concello de Palas de Rei reparte máis de 1.000 euros en premios que estarán distribuídos en tres categorías (individual, grupos ata 5 persoas e categoría de Grupos), cada unha delas, reparte 3 premios e a maiores haberá un premio especial a orixinalidade no que compiten todas as categorías.

Nas dependencias do Concello, no departamento de cultura, pódense inscribir os participantes no Concurso a partir do 1 de febreiro.