Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

As prazas para participar da maratón do Quiroga Trail Challenge están esgotadas, pero hai sitio para as demais

Por 11 Xaneiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

Desde a organización do Quiroga Trail Challenge, que terá lugar neste 2024 os vindeiros 24 e 25 de febreiro, informan de que as prazas para participar da maratón de 42 km están esgotadas.

Así, as persoas interesadas poden aínda apuntarse á Ultra, a proba máis dura, que contará cun percorrido de 90 quilómetros, outra Ultra de 62 quilómetros, o Trail de 29, o minitrail de 17 e a andaina de 17, que se celebrarán o día 24.

Os organizadores explican que as persoas que participen poderán coñecer o Xeoparque Montañas do Courel, descubrir a xeoloxía, a arqueoloxía, a flora e a fauna da serra do Courel; tamén celebrar o décimo aniversario da iniciativa, que terá agasallos; a festa de despois do “sufrimento”, con cervexa, polbo, música…

Finalmente, din que o Quiroga Trail Challenge Land “é máis que un reto, é unha aventura, unha nova experiencia, irrepetible e inolvidable”, sosteñen.