Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAMonforte

O Club Neka vén de conseguir grandes éxitos no Campionato Galego Absoluto de Taekwondo de Monforte

O Club Neka participou do Campionato Galego Absoluto de Taekwondo que se celebrou en Monforte, de onde é o propio equipo, que conseguiu sete ouros, dúas medallas de prata e seis de bronce.

Así, Aitor Teijeiro conseguiu a medalla de ouro no individual, mentres que Inés Casal, Aya Jabni e Alicia Castro acadaron o ouro en trío cadete e Álex Camba, Carlos Rey e Marco García conseguírono en trío 1. Pola súa parte, Aitor Teijeiro e Lucía Roca gañaron a medalla de ouro na categoría parella júnior, mentres que Laura Álvarez acadou o ouro en sénior 1 feminino, Daniel Areán no sénior 1 masculino, e xuntos conseguiron o ouro en parella 1.

Pola súa parte, as pratas foron para Lucía Roca en categoría júnior femenino e para David Poyán e Icía Marcos como parella 1.

Finalmente, os bronces foron para Marco García, Álex Camba, Inés Casal e Alicia Castrro na categoría individual, para David Feijóo na categoría sénior 2 masculino individual, e para Alán David Bustamante e Saray del Río como parella júnior.

Ademais, o Club Neka conseguiu proclamarse campión galego na fase xeral, campión en categoría masculina e subcampión na categoría feminina, polo que desde a entidade deportiva están moi satisfeitos con estes recoñecementos.