Skip to main content
Bóveda

Sete poetas participarán dunha nova actividade do Bóveda Slam Poetry o vindeiro día 21

Por 9 Xaneiro, 2024Febreiro 2nd, 2024Sin comentarios

Volve o Bóveda Slam Poetry a Rubián o vindeiro 21 de xaneiro, que congregará a sete poetas que estarán recitando as súas obras a partir das 18.00 horas.

Así, Andrea Micc, J.J. Guille, Yolanda Alcas, Joserra, Roberto López, Jose M. Rodríguez e María Barrado serán os invitados que recitarán os seus poemarios ante o público que queira achegarse, de maneira gratuíta.

Esta iniciativa, desenvolvida pola Asociación KulturN’aldea, é un evento artístico e competitivo que permite que as persoas con capacidades artísticas poidan recitar creacións poéticas en directo e diante dun xurado.