Skip to main content
Bóveda

Bóveda acolle unha exposición do concurso de carteis da Feira Outrora do 2023

O centro sociocultural de Bóveda acolle a exposición dos carteis do IX concurso 2023 da XIX Feira Outrora.

Así, as persoas interesadas en visitar esta exposición cultural e artística poderán facelo de forma gratuíta desde o 16 de xaneiro ata o 16 de febreiro.

Así, de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 horas estará aberto o centro sociocultural para poder vela e os luns, mércores e venres tamén polas tardes, de 16.30 a 18.30 horas.