Skip to main content
Bóveda

Un acto público sobre a sanidade pública celebrarase este sábado en Bóveda

Por 24 Xaneiro, 2024Xaneiro 25th, 2024Sin comentarios

O BNG de Bóveda convoca un acto público e aberto a toda a veciñanza para falar sobre a sanidade pública este sábado, 27 de xaneiro, ás 20.00 horas.

O acto, que terá lugar en Rubián, contará co portavoz do BNG no municipio, Javier Castro, para comentar a situación que se está a vivir nos centros de saúde de Bóveda.

Así, intervirán tamén Iago Suárez, candidato ao Parlamento de Galicia polo BNG; Carme Aira, enfermeira na Pobra do Brollón, e Vicente Vázquez, traballador do Hospital Comarcal e delegado da CIG-Saúde.