Skip to main content
Bóveda

O BNG de Bóveda organiza un encontro para abordar a falta de médicos no Concello e a situación da sanidade na comarca

Por 28 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Este sábado Bóveda acolleu un acto público aberto para abordar a situación da sanidade pública na comarca. A xuntanza estivo presentada polo voceiro municipal do BNG, Javier Castro, e interviron Iago Suárez, candidato ao Parlamento de Galicia; Carme Aira Díaz, enfermeira na Pobra do Brollón e Vicente Vázquez, traballador do Hospital Comarcal e delegado da CIG Saúde.

O Bar Paco de Rubián acolleu este encontro no que trasladaron a falta de profesionais que están a sufrir os centros de saúde do Concello. “En Bóveda temos un pequeno problema que desde fai dous anos estamos cun servizo médico mal atendido debido a que non cobren a praza do médico que leva dous anos de baixa”, explica Javier Castro. Esta situación provoca que non se poida ofrecer un servizo correcto a todos os veciños. “Temos un médico que está a ratos en Rubián e a ratos Bóveda, polo que cando o médico ten algún problema quedamos sen servizo, algo que xa pasou varias veces en Bóveda”.

Tal e como asegura Castro, no mes de decembro intentaron trasladarlle a problemática e as queixas da veciñanza á Xunta, aínda que non recibiron resposta pola súa parte. En canto ao Goberno local, “non ven ningún tipo de problema cando temos dous centros médicos e un só médico”, engade.