Skip to main content
O Incio

A xestión da biomasa será o tema central dunha charla organizada pola Asociación As Cavarcas do Incio

Por 13 Xaneiro, 2024Xaneiro 30th, 2024Sin comentarios

A Asociación As Cavarcas do Incio organiza unha charla coloquio sobre as comunidades enerxéticas o vindeiro sábado 20 de xaneiro a partir das 19.00 horas.

A iniciativa, que se baseará na xestión da biomasa polas Comunidades de Monte Veciñal en Man Común, será impartida por Xosé M. Golpe, xestor enerxético, no baixo do Concello do Incio.

Todas as persoas interesadas en participar desta actividade poderán facelo achegándose ao Concello ese día, xa que é un evento aberto e gratuíto.