Skip to main content
Sarria

Abraham Cupeiro vén de confirmar as datas nas que actuará en Galicia

Por 17 Xaneiro, 2024Abril 10th, 2024Sin comentarios

O novo proxecto do sarriao Abraham Cupeiro, ‘Mythos, será presentado en diferentes datas en catro capitais galegas: Ferrol, Ourense, Santiago e Lugo.

Así, o vindeiro 1 de febreiro levará a música ata Ferrol, o 1 de marzo a Ourense, o 2 de marzo a Santiago e Compostela e rematará o 22 de marzo en Lugo.

Así, este novo proxecto artístico, musical e enfocado na cultura grega é definido polo seu autor como “unha fantasía musical, xa que utilicei instrumentos veraces da Antiga Grecia, como o Aulos, e tamén rescatamos o corno romano, unha trompa xigante que se utilizaba na Antiga Roma”, explica.