Skip to main content
Abadín

Abadín recibiu un vehículo para prestar servizo ás persoas maiores e dependentes

Por 2 Xaneiro, 2024Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

O Concello de Abadín recibiu a entrega dun vehículo adaptado para a Concellería de Benestar Social para prestar servizo ás persoas maiores e dependentes.

Este vehículo forma parte da axudas destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Nestas axudas  recollíase como subvencionable, como máximo, un vehículo por concello e o importe da axuda poderá ser de ata o 100 % do custo do vehículo, cun límite máximo de 40.000 euros.