Skip to main content
Abadín

Abadín acolle unha charla informativas sobre as Forzas Armadas

Por 20 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O salón de actos do Concello de Abadín acollerá este mércores, 24 de xaneiro, unha sesión sobre as Forzas Armadas Profesionais.

Esta terá lugar a partir das 20.00 horas e nela trataranse tres puntos fundamentais, a organización, as misións e as saídas profesionais, que de dirixen principalmente cara a automoción, artillería, cabalería, aviación, enxeñería, informática, electrónica e telecomunicacións, mantemento e transmisións.

As persoas que o desexen poden anotarse no teléfono 982 508 021.