Skip to main content
Begonte

Convocan aos veciños de Begonte para resolver dúbidas sobre o inventario de camiños

Por 13 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Con motivo da elaboración do inventario de camiños municipais o Concello de Begonte informa de que se levarán a cabo reunións informativas nas distintas parroquias para poder consultar os planos e fichas de camiños incluídos antes da súa aprobación inicial e así resolver calquera tipo de dúbida.

Ditas xuntanzas celebraranse a partir do luns e ata o 31 deste mes en horario de tarde de luns a venres, con citas ás 16.00 e ás 18.15 horas dependendo do lugar de encontro. Rematarán en Begonte, na Cámara Agraria, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.