Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Quérote+ ofrece en Friol un taller para pais e nais sobre educación sexual

Por 10 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O centro Quérote+ de Lugo ofrecerá este xoves unha charla sobre educación emocional e sexual desde a familia no CPI Dr. López Suárez de Friol.

A sesión terá lugar a partir en horario de 16.45 a 18-15 horas na biblioteca do centro escolar.

Esta sesión está dirixida especialmente a nais e pais de todas as etapas educativas. Esta formación está dentro da Escola Nais e Pais e ten como obxectivo abordar as dúbidas e preocupacións así como as dificultades que se atopan durante a crianza, dotando de coñecementos para a educación sexual.