Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol sufraga os gastos das clases de natación da rapazada local

Por 17 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O alumnado de 1º e 2º de primaria do colexio público de Friol poderán desfrutar da iniciación a natación grazas a colaboración entre o Concello de Friol, o Club Fluvial de Lugo e o centro educativo do pobo friolés

Durante este segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º de educación primaria do C.P.I. Doutor López Suárez de Friol, poderán ir ao Club Fluvial de Lugo a recibir clases de natación.

Esta actividade levaranse a cabo en horario escolar, un día a semana, que empezaron esta semana, e contarán con monitores especializados que iniciarán os nenos e nenas nunha disciplina fundamental para a súa formación. Os grupos irán ata as instalacións en bus e acompañados dos titores de cada curso.

O Concello de Friol é o encargado de asumir os custos do bus e tamén das clases de natación impartidas durante este trimestre, polo que será unha actividade completamente gratuíta para todas as familias participantes.

O colexio público aposta firmemente polo deporte como un método máis de educación, e en este caso optouse pola disciplina da natación.

O alcalde José Ángel Santos destacou a importancia de esta iniciativa “para seguir de este xeito na liña de impulsar o deporte entre os mais novos, sempre contando coa axuda inestimable da directiva e profesorado do centro escolar público de Friol”.