Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O conselleiro de Medio Rural visita en Friol un centro de investigación industrial

Por 18 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado, entre outros, polo director xeral do Grupo Coren, Emilio Rial, visitou o Centro de Reprodución, Xenética e I+D avícola que o grupo ten neste municipio. Alí, o conselleiro puxo de relevo estas instalacións, que favorecen a investigación e innovación implementadas para potenciar o sector primario galego.

Nesta mesma xornada, o conselleiro tamén se desprazou ata a parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense, para visitar o Centro de Procesado Avícola de Coren, onde puido coñecer máis polo miúdo as novas liñas de traballo do grupo.