Skip to main content
A Pastoriza

Bretoña terá hoxe a súa Cabalgata de Reis

Por 6 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Despois do seu percorrido por toda a provincia, os Reis Magos farán hoxe sábado, unha última parada en Bretoña antes de despedir o Nadal.

Así, está previsto que fagan un percorrido por Bretoña a partir das 17.00 horas. Arrancarán na praza e farán unha parada na caseta do polbo para continuar ata o teleclub, onde haberá unha merenda para os asistentes.

O evento é público pero os que desexen que se entregue un agasallo aos nenos poden facer un donativo de euros por familia. O que si, haberá que anotar aos nenos con anterioridade (630 303 387: Belén).