Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza acomete desbroces e reparación de camiños

Por 7 Xaneiro, 2024Xaneiro 8th, 2024Sin comentarios

O Concello da Pastoriza continúa a realizar distintas obras de mellora no termo municipal, “malia a mala climatoloxía” destes días, que atrasan algúns dos traballos.

Así, persoal municipal está a traballar no desbroce de pistas de terra e posterior arranxo das mesmas. Para iso estase realizando unha limpeza das cunetas e das canais de drenaxe cubrindo os lugares onde estaba desnivelado.

Outra das accións realizadas estes días pasa pola reparación do peche perimetral dos contedores en Bretoña, que se atopaban en mal estado. Foi reparado o mesmo para cubrir todos eles.

Así mesmo, o persoal acometeu dúas canais de drenaxe en Vián e Saldanxe, que supoñían un perigo para condutores e peóns.

O Concello tamén se ocupou de repoñer a baixante do canalón na Casa do Concello, que estaba roto e vertía, así como se realizou unha actuación no Castro de Saa.

Finalmente, persoal municipal tamén se ocupou de colocar, no campo de fútbol do Acebreiro e no acesso á piscina municipal, focos led.