Skip to main content
A Pastoriza

Convocada para o 14 de abril a Festa da Bola de Liscos e as Freces de Bretoña

Por 31 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Asociación de Amigos da Feira de Bretoña anunciou que a XIII edición da  Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña terá lugar finalmente o domingo 14 de abril, no concello da Pastoriza, continuando coa recuperación da mesma. A data, escollida inicialmente para o 21 de abril, tivo que ser modificada por problemas de axenda.

Trátase dunha celebración que busca ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que organiza unha remodelada Asociación de Amigos da Feira de Bretoña.

Na edición do ano pasado repartíronse unhas 200 bolas de liscos e de 800 racións de freces entre os asistentes a este evento que desbordaron as previsións.

A bola de liscos é un prato da zona elaborado con masa de pan, panceta afumada, chourizo e berzas, o que se coñece como cociña con produtos de subsistencia pero cun resultado espectacular. Este ano, para darlle todavía máis relevancia, as bolas estarán elaboradas con produtos do porco celta. Para os que non coñezan este produto, ten moito parecido cunha empanada gorda pero moi xugosa e sabrosa. Esto é debido aos liscos do seu interior e o sabor é pola cobertura de berza coa que se mete ao forno.