Skip to main content
As Pontes

A Xanela organiza nas Pontes unha xornada sobre a nova Lei de Autonomía Persoal

Por 19 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A asociación A Xanela das Pontes retoma o Campus Xanela e o fará cunha sesión na que o departamento de Promoción de Autonomía persoal de Cogami resolverá as dúbidas que poida haber, tanto de familiares de persoas en situación de dependencia como profesionais, sobre os novos regulamentos na capacidade xurídica das persoas e os cambios la Lei de Promoción da Autonomía persoal (coloquialmente coñecida como lei de Dependencia).

Esta sesión terá lugar este sábado, 20 de xaneiro, ás 10:30. Está aberto a toda a poboación pero necesita de inscrición previa, que pode facerse no teléfono 607 230 249 ou en axanela@cogami.gal