Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade amplía este ano a súa festa de San Vicenzo e de exaltación do mexillón

Por 17 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Rábade celebra este mes de xaneiro o San Vicenzo cun amplo programa de actos, que dará comezo o día 22 coincidindo do Día do Patrón, que haberá feira.

O 26 será o Día do Voluntariado. Os voluntarios e voluntarias que ao longo do 2023 colaboraran en alomenos dous eventos organizados polo Concello de Rábade están convidados a unha festa-cea como gratificación. Vaise celebrar no restaurante Coto Real, contando coa súa colaboración.

O sábado 27 farase a XIX Exaltación de mexillón cunha degustación gratuíta polos bares da vila. Haberá sesión vermú coa orquestra Fuego. A partir das 16:30 horas celebrarase a carreira memorial Negrín. E xa pola noite a partir das dez haberá verbena de novo coa orquestra Fuego.

O día 28, domingo, de novo exaltación de mexillón polos bares da vila. Ás 10:00 horas vaise celebra o Torneo Xogade de Judo 2024 no pavillón municipal.

Ás 12:00 horas, actuación da Banda de Música Escola Infantil e ás 13:00 horas está prevista misa solemne cantada polo coro Músico Crisanto.

A sesión vermú será ás 13:30 co Grupo Fussion e ás 14:00 horas sorteo da campaña Merca no comercio local.

O Grupo Fussion fará ás 21:00 horas o seu segundo pase poñendo fin á festa.