Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXARábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade acolle por vez primeira o Torneo de Judo Xogade

Por 23 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A alcaldesa de Rábade, Remedios González, acompañada polo concelleiro municipal de Deportes, Carlos González, o xefe do Servizo Provincial de Deportes de Lugo, Manuel Otero Méndez, o delegado da federación lucense de Judo, Iván Carballeira, e o responsable da Escola Municipal de Rábade e mestre do Club Lvcus Dojo de Lugo, Alejandro Castro, presentaron hoxe o Torneo de Judo Xogade que se vai disputar o vindeiro domingo 28 na localidade.

A competición está organizada pola Federación Galega de Judo a través da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Rábade. É a primeira vez que a proba se desenvolve neste Concello lucense.

Está previsto que participen no torneo preto de 350 rapaces e rapazas de entre 6 de 16 anos da zona da provincia de Lugo e da Comarca de Ferrol.

Trátase dunha proba única na que todos os participantes recibirán unha tarxeta pola súa asistencia e unha medalla.

O que se pretende con este tipo de proba é que os nenos e nenas entren en contacto con esta modalidade deportiva e teñan un primeiro achegamento á competición. Vai ser unha xornada de convivencia que se desenvolverá no pavillón municipal de Rábade en horario de mañá, entre as 11:00 e ás 14:00 horas. Xa pola tarde está previsto un adestramento aberto a quen queira participar.

Os clubs que participan na proba son os seguintes: Escola municipal de Rábade, Lvcvs Dojo, Lugokan, Judo Lugo, AD Muralla, Gimnasio Senra, AD Ferrolterra e Bitácora.