Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade presenta o seu programa Voces en Rede

Por 30 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O día 7 de febreiro ás 16:30 horas o Centro Sociocultural de Rábade acolle unha charla informativa para a presentación por parte da Cruz Vermella do proxecto Voces en Rede.

Esta iniciativa consiste en instalar dispositivos Alexa no fogar de persoas maiores de xeito gratuíto.

O obxectivo é que os maiores coñezan este servizo coa intención de protexer ás persoas que viven soas e tamén de achegalos ás novas tecnoloxías, que poden aliviar a soidade non desexada.

Esta sesión está dirixida principalmente aos maiores do termo municipal.