Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

O Viveiro CF recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia

Por 1 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Viveiro CF recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia, nun acto celebrado no Teatro Jofre de Ferrol.

O club cumpriu 100 anos no 2023 e o seu presidente, Luis del Río, recolleu o recoñecemento da Xunta de Galicia, nun acto ao que asistiron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro Jesús Fernández.

Un premio moi merecido que recoñece unha traxectoria de cen anos, o Viveiro CF é o clube deportivo máis antigo da nosa vila e un dos máis antigos de Galicia”, asegura María Loureiro.